Solpores no Lagoeiro | Ciclo de Concertos na Estrada

ARTISTAS


Solpores no Lagoeiro

MÚSICA

Solpores no Lagoeiro volve coa mellor música

O Lagoeiro

Solpores no Lagoeiro suma a súa terceira edición cun xiro na esencia que busca achegar aos galegos e galegas o mellor da música en directo; a través de diversidade de xéneros e estilos con artistas e grupos de referencia no eido nacional. Todo isto nun entorno rural e emblemático como é O Lagoeiro. Ávidos da volta á normalidade será pois un espazo onde vibrar e saciar por fin as ganas que tíñamos de xuntarnos e de festexar. E así o faremos nun ciclo de seis concertos que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto; nos luscofuscos dos xoves e venres, co fin de ser referente no calendario estival de festivais galegos. Grazas un ano máis a todas as persoas que fan posible este ciclo, mención especial aos patrocinadores que confían no bo facer da organización para achegar a música e a festa aos galegos e galegas.

Vive a música dunha forma diferente, nunha contorna singular onde natureza, cultura e tradición son as protagonistas.

ENTRADAS

3 OPCIÓNS

 

De que maneira che gustaría desfrutar desta experiencia?
Podes asistir unicamente ao concerto, ao concerto cunha entrada VIP ou obter un bono para os seis concertos.


 

GALERÍA

 

CONTACTA CON NÓS!